16 agosto 2007

CAÑIZA MÁRTIR


A Cañiza ten os seus mártires. Eles foron asasinados ás 16 horas do día 31 de outubro de 1936 no castelo do Castro na cidade de Vigo. A súa condena a morte foi unha farsa de xuízo como todos aqueles que se celebraron coa única intención de aniquilar aos inimigos do fascismo, aos defensores da legalidade. Xuízos ilexítimos, por suposto, mais a súa verdadeira definición é a de ilegais por iso deberían ser anulados polo actual goberno democrático, que hoxe ten a obriga de defender os dereitos dos homes e mulleres que sufriron a represión dunha organización golpista. Xesús, Tirso, Xusto e Antonio son aínda dobremente mártires porque nin o goberno actual anulou o seu consello de guerra, nin o seu concello fixo un recoñecemento institucional a súa memoria. Para que non se esqueza ninguén deles e para que todos saiban que a loita polos republicanos represaliados continúa, Cañiza Republicana non deixará de lembralos.





Jesús Eugenio Pérez Pérez natural de A Cañiza, socialista e mestre da parroquia de Achas. Membro destacado do partido no concello de A Cañiza e activo na súa militancia. Fusilado os 49 anos deixando muller e 5 fillos.




Tirso Servando Justino Gómez Freijido natural de Ribadavia, veciño de A Cañiza, naceu o 1 de febreiro de 1887, presidente da Casa do Pobo e destacado membro do partido. Industrial latoeiro profundamente preocupado polas melloras das condicións laborais dos traballadores. Loitador e firme defensor da República. Fusilado ós 49 anos deixando muller e 3 fillos maiores.





Justo Moure Giráldez natural de A Cañiza naceu o 19 de agosto de 1908, socialista e tenente alcalde do Concello. Home de recta conducta apreciado polos seus concidadáns. Fusilado ós 27 anos deixando muller e tres nenos moi pequenos.




Antonio Mojón Vázquez natural de A Cañiza naceu o 10 de outubro de 1915, socialista e mestre. O máis idealista dos 4 e o máis novo. Estaba convencido de que o ensino era o verdadeiro camiño da liberdade para o pobo. Era quen máis medo meteu ós seus verdugos, a cultura era un verdadeiro perigo. Fusilado ós 21 anos deixando pais e irmáns.





Aínda é máis triste o caso de Benjamín Malvar García, zapateiro, natural de Mondariz, veciño da Cañiza, quen apareceu morto nunha gabia no alto do Confurco en Ponteareas. Naceu o 3 de febreiro de 1902 e foi asasinado o 10 de outubro de 1937. Deixou muller e 4 fillos.





09 agosto 2006

ANACOS DA CAÑIZA, A REPRESIÓN FRANQUISTA NO CONCELLO





Homenaxe ás víctimas da represión de 1936 na Cañiza, celebrado o nove de agosto de 2006

Celebróuse malia a oposición do goberno municipal, presidido por un Senador, que non quere que na Praza Maior da vila se lembren os nomes dos veciños que foron represaliados no 1936. Entre eles, a única alcaldesa que houbo en Galiza durante a Segunda República.

Wednesday, 9th August 2006

Homage to victims of fascism in A CAÑIZA, in the 70th anniversary of the rebelion of militars which caused the SPANISH CIVIL WAR.

A Cañiza is a village in southern Galiza, which is an european country in the northwest of Spain, state of the European Union.

In 1936 Spain was a democratic Republic. The rebels had no opposition in Galiza, but those who represented democratic institutions, as members of town council did, or members of left wing or republican political parties were arrested, judged and condemed to death or simply asasinated.

Nowadays Galiza is an autonomous region with its own Parliament and its language, GALICIAN, is co-official as well as Spanish.

The conservative Mayor of A Cañiza -Mayor from 1979 and member of the Spanish Senate- tried to avoid that the homage took place in the Praza Maior (MAIN SQUARE), but he failed.

Defying the permissions atorgued by the autorithies, he programmed some activities with clowns for children at the same hour, but the organizers of the Homage negotiatied with the artists and delayed the Tribute 30 minutes, successfully.

Language: Galician / Spanish